MEDIO AMBIENTE

O Centro de Interpretación Ambiental organiza un roteiro polo parque de Belvís

29/11/2013 O CIAC continúa coa súa actividade en novembro. Ademais de recibir a centros escolares cada semana, o CIAC organiza actividades para a cidadanía en xeral as fins de semana. Así, este sábado, 30 de novembro, de 12:00 a 13:30 horas, realizarase un percorrido polo parque de Belvís.

O CIAC comeza en novembro co programa de roteiros pola cidade. Cada último sábado de mes, neste caso o día 30, realizarase un percorrido por Santiago que permitirá aos participantes descubrir aspectos ambientais e sociais vinculados ao parque de Belvís ou ao consumo responsable. Estas dúas temáticas iranse alternando cada mes. A actividade é de balde, pero é necesario inscribirse no teléfono do CIAC 981 543 145 ou na web www.ciac-compostela.org.

O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela está localizado no parque de Belvis, no edificio dun antigo curtidoiro. O CIAC quere ser un espazo aberto á participación ambiental da cidadanía e conta con recursos didácticos e actividades que axudan a comprender mellor a relación entre a cidade e o seu medio ambiente. Pódense concertar visitas guiadas para escolares e grupos de máis de 10 persoas a través do correo electrónico ciac@santiagodecompostela.gal ou do teléfono 981 543 145.

Direcciones relacionadas



Compartir: