CENTROS SOCIOCULTURAIS

Últimos días para visitar en Fontiñas a exposición "Os cines de Compostela"

28/11/2013 Ata o sábado 30 de novembro poderá visitarse no Centro Sociocultural das Fontiñas a exposición Os cines de Compostela. Fotogramas da nosa historia, incluída no programa Compostela Cine Classics 2013. A mostra está aberta de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Esta exposición pasará a ser permanente a partir do 9 de decembro na Casa das Asociacións de Cornes, pero nun formato reducido aos paneis explicativos e a algún outro fondo informativo. Polo tanto, este días son os últimos para visitar a mostra completa, con fondos en vitrina de antigos traballadores dos cines da cidade, unha colección de proxectores antigos e as proxeccións da primeira versión fílmica de La Casa de la Troya, de 1925, así como do vídeo gravado para a ocasión cos testemuños de dez veciños e veciñas e as súas anécdotas e historias sobre os nosos cines.

A falta dunha cifra definitiva de visitantes ata o peche o día 30, xa son varios centos os visitantes á mostra, que se sumarán á cifra de 1.358 participantes na segunda edición de Compostela Cine Classics. Esta cifra supón xa un incremento do 35% no número de asistentes respecto a edición de 2012.

Compartir: