CULTURA

Presentación de "Vidaextra" e "Toñito Blanco: só, perdido e vicioso" na xornada do mércores 27 en Cineuropa

26/11/2013 Na xornada do mércores 27 están programadas varias presentacións de filmes coa presenza de membros do equipo. Así, Ramiro Ledo presentará o seu filme Vidaextra e o equipo de Toñito Blanco: só, perdido e vicioso, de Xacobe Sineiro e Nico Campos, fará o mesmo co seu. Ademais, o produtor Paulo Branco estará na cidade para presentar o filme Mon âme par toi guérie, de François Dupeyron.

Nesta xornada poderemos ver o primeiro pase no festival de Lacrau, de Joâo Vladimiro, e novos pases de The congress, de Ari Folman, e Tian zhu ding (A touch of sin) , de Jia Zhang Ke, gañadora de mellor guión en Cannes e da que o director do festival, José Luis Losa di: "Jia Zhang Ke espráiase en contarnos que China é unha pota a presión, un lugar onde a violencia a flor de pel e a explotación do home polo home presiden un pandemonium que por momentos se achega ás distopías apocalípticas".

Haberá pases únicos de C’eravamo tanto amati, presentado por Daniel Gascó; Gente en sitios, Viva la libertà, tamén presentada por Gascó; Rastros, comentada por Inma Souto; e Cadaveri eccellenti. Ademais, teremos a última oportunidade de ver a serie Dreileben: Dreileben 1: Non me sigas, Dreileben 2-Algo mellor que a morte e Dreileben 3: Un minuto de escuridade.

Direcciones relacionadas



Compartir: