MULLER E IGUALDADE

Andaina contra a violencia doméstica

24/11/2013 A concelleira de Benestar Social, María Castelao, participou na andaina contra a violencia doméstica "Camiño ao Respecto", para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

A carreira saíu do Monte do Gozo e rematou na praza do Obradoiro, onde se leu unha declaración institucional. O obxecto desta andaina era promover a participación cidadá a prol do rexeitamento público e formal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre homes e mulleres, valores que encarna o Camiño de Santiago.

Compartir: