ECONOMÍA

Santiago acolle un encontro de inversores, analistas e emprendedores do sector das TIC

20/11/2013 A concelleira de Comercio e Emprego, Reyes Leis, asistiu á rolda de prensa de presentación do IV Encontro Vindeira Capital Network (VCN), que se celebrará en Santiago os días 21 e 22 de novembro. Está organizado polo Cluster TIC Galicia coa colaboración do Concello de Santiago, XesGalicia, IGAPE e CFV.

Vindeira Capital Network é unha iniciativa que pretende reunir a inversores, analistas e emprendedores co obxectivo de moldear o futuro da inversión no sector TIC galego, permitindo así poñer en marcha o proceso de creación dunha estrutura de Capital Risco estable para o sector na Comunidade Autónoma. A esta edición presentáronse 30 proxectos empresariais, dos que 17 foron convocados para facer presentación e defensa ante os membros do Comité de Selección, formado por representantes do Clúster TIC Galicia e de XesGalicia.

Direcciones relacionadas



Compartir: