CULTURA

A nova xira de Bunbury chega en 2014 a Galicia cunha data exclusiva en Compostela

19/11/2013 A nova xira de Enrique Bunbury chega a Galicia no 2014 dentro do ciclo Compostela Rock. A cita será o sábado 7 de xuño no Multiusos Fontes do Sar, con apertura de portas ás 20:00 horas e comezo do concerto previsto para as 21:30 horas. As entradas, a 40 € + gastos, estarán dispoñibles dende este martes 19, a través da Rede Ticketmaster (web, Halcón Viajes, Carrefour, FNAC), marcaentradas.com e o despacho de billetes do Teatro Principal.

Bunbury publicou o seu novo álbum, Palosanto, o 29 de outubro. Chega dous anos despois do seu último disco, Licenciado Cantinas, producido polo propio Bunbury coa axuda de Ramón Gacías. Dividido en dúas partes, Palosanto inclúe as seguintes cancións: "Despierta", "Más alto que nosotros sólo el cielo", "Salvavidas", "Los inmortales", "Prisioneros", "Habrá una guerra en las calles", "Destrucción masiva", "El cambio y la celebración", "Hijo de Cortés", "Mar de dudas", "Miento cuando digo que lo siento", "Nostalgias imperiales", "Plano secuencia", "Causalidades" e "Todo".

Compartir: