EMIGRACIÓN

Compostela dá a benvida a un grupo de emigrantes de visita en Galicia

11/07/2006 Un grupo de emigrantes teñen a oportunidade de visitar a súa terra de orixe durante estes días. Grazas ao programa "Volver á casa", os beneficiarios poden achegarse a Galicia para vivir unhas vacacións e atoparse cos seus familiares e cun lugar natal do que en, nalgúns casos, levan lonxe máis de 60 anos. Estes emigrantes pasaron polo Concello de Santiago, onde foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e pola concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez.

Grazas a estas viaxes, os emigrantes están a tomar contacto coa realidade actual de Galicia. Santiago, a través do aeroporto de Lavacolla, ten o privilexio de recibir a estes galegos no seu emocionado reencontro coa súa terra. O programa contempla diversas actividades para facilitar o coñecemento e o intercambio de experiencias coas familias de orixe.

Compartir: