RELACIÓNS VECIÑAIS

Publicada a lista de candidaturas ás eleccións do Consello de Relacións Veciñais

18/11/2013 A Concellería de Relacións Veciñais continúa co proceso de eleccións ao Consello de Relacións Veciñais. Unha vez finalizado prazo para a presentación das candidaturas individuais, faise pública a lista de candidatos e candidatas. Ata o mércores 27 de novembro estará aberto o prazo para facer as reclamacións correspondentes.

Polo ámbito urbano, os candidatos/as son: Antonio Puga González (A.VV. Álvaro Cunqueiro de Vista Alegre), Isolina Barreiro Pérez (A.VV. Guadalupe-Ponderosa), Ricardo de la Iglesia López (A.VV. Conxo Aberto), Mª Teresa Barral Ameigeiras (A.VV. Brañas de Andrés), Germán Hermida Noval (A.VV. Monte do Gozo), Xosé Martínez Otero (A.VV. Francisco Asorey), Alexandre Quiñoá Casteleiro (A.VV. de Pontepedriña), Juan José Álvarez Carril (A.VV. de Sar) e Alejandro Álvarez Castro (A.VV. Monte de Dios).

Polo ámbito rural, os candidatos son: Isidoro Castaño Ballesteros (A.VV. de Angrois), Mª Jesús Chenel Blanco (A.VV. da Gracia), José Cebey Aldrey (A.VV. Coto da Nai) e José M. Quintáns Couselo (A.VV. Nova Xeira de Figueiras)

Mesa electoral
Por outro lado, tras a celebración do sorteo público, na Secretaría do Concello, para a elección dos representantes das asociacións veciñais que formarán parte da mesa electoral o día das votacións, as entidade elixidas son: A.VV. Monte do Gozo (1º vocal), A.VV. de Viso (2º vocal), A.VV. O Camiño das Fontiñas (substituto 1º vocal) e A.VV. Monte Longo (substituto 2º vocal). Estas entidades dispoñen de dez días para comunicar o nome da persoa que participará na súa representación.

Votación
Tras a constitución dos membros da mesa electoral só quedará a xornada de votación, que será o 10 de decembro, entre as 17:30 e as 22:00 horas, na Casa das Asociacións (antiga estación de Cornes - Rúa Manuel Beiras, núm. 3).

Na última fase do proceso, o día das votacións, a mesa contará con dúas urnas, unha para entidades veciñais do ámbito urbano e outra para as do rural.

As asociación veciñais censadas cuxo ámbito de actuación se sitúe dentro dos límites urbanísticos do casco urbano elixirán a catro representantes e, por outro lado, as que teñan o seu ámbito de actuación no rural, elixirán dous.

Terán o dereito a voto polas entidades censadas, o/a presidente/a ou persoa da asociación en quen delegue. Deberá aportar o carné, o pasaporte ou o permiso de conducir, e a certificación acreditativa da representación que ostente expedida a tal efecto.

Cada un destes representantes veciñais poderá votar a un máximo de tres candidatos/as no caso de representantes do contorno urbano e un candidatos/as no ámbito rural.

O proceso de eleccións finalizará o 16 de decembro coa proclamación definitiva dos representantes elixidos por un período de catro anos.

Compartir: