SOSTIBILIDADE

Promoción na praza do Obradoiro do uso racional e eficiente da enerxía

16/11/2013 A concellleira de Sostibilidade, María Pardo, achegouse ata o autobús que a empresa Iberdrola instalou na praza do Obradoiro para promover o uso racional e eficiente da enerxía. A campaña ten como lema "Os teus xestos aforran enerxia".

Neste autobús, os visitantes aprenden, a través dunha experiencia divertida, lúdica e enriquecedora, que son as enerxías renovables e como se pode contribuír ao coidado do medio ambiente a través duns sinxelos consellos. O vehículo dispón dunha área audiovisual e doutra interactiva, con espazos para a diversión e o coñecemento.

Compartir: