XUVENTUDE

Comeza o Curso de Iniciación á Fotografía Dixital organizado por Xuventude

15/11/2013 A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asistiu na Casa das Asociacións de Cornes á primeira sesión do Curso de Iniciación á Fotografía Dixital, organizado polo seu Departamento.

A través deste curso, os participantes adquirirán os coñecementos básicos sobre a fotografía dixital, para así poder sacar o maior partido de cada cámara fotográfica. O obradoiro ten unha duración de 15 horas e celebrarase na Casa das Asociacións de Cornes os días 15, 16, 22 e 23 de novembro, en horario de 18:00 a 21:00 horas (venres) e de 10.00 a 13:00 horas (sábados). Estas sesións son gratuítas e asiste mozos e mozas a partir dos 16 anos.

Compartir: