RELACIÓNS VECIÑAIS E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Publicada a convocatoria provincial de axudas a entidades privadas para a promoción de actividades de interese público

14/11/2013 A Concellería de Relacións Veciñais e de Centros Socioculturais informa da publicación este xoves, 14 de novembro, no número 217 do Boletín Oficial da Provincia (BOP) fas bases reguladoras das convocatorias de subvencións da Deputación Provincial da Coruña dirixidas a entidades privadas (iniciativa social sen ánimo de lucro ou de carácter mercantil) para o exercicio 2014.

Estas axudas económicas están destinadas á promoción de actividades e investimentos considerados de interese público, co obxectivo de contribuír a acadar os obxectivos que lles son propios ás entidades privadas e fomentar a participación da cidadanía nos distintos ámbitos de actuación. Así pois, esta convocatoria está dirixida a entidades como asociacións veciñais ou culturais, entre outras.

As convocatorias de subvencións referidas a actividades e/ou investimento realizaranse no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2014. No caso de obras e despois da petición razoada da entidade beneficiaria da subvención, na declaración de gastos realizados poderán incluírse xustificantes de gastos realizados con posterioridade ao 31 de decembro de 2014, con data límite do 30 de abril de 2015.

As subvencións das convocatorias específicas tramitaranse de xeito telemática, en todos os seus procesos. As solicitudes presentaranse tamén de xeito telemático, a través da páxina web da Deputación da Coruña: www.dicoruna.es. Os prazos de presentación serán os que se establezan de xeito particular en cada convocatoria específica.

Todas aquelas entidades interesadas, poden consultar os datos completos destas bases reguladoras e cada unha das convocatorias específicas no BOP.

Compartir: