CENTROS SOCIOCULTURAIS

Nadal en Portugal para pechar a edición 2013 do programa "Imos de excursión"

12/11/2013 A Concellería de Centros Socioculturais, no marco do programa Imos de excursión 2013, abre este xoves 14 de novembro, a partir das 17:00 horas, o prazo de inscrición na excursión "Nadal en Portugal", que se realizará o domingo 15 de decembro.

A excursión achegará os participantes -un máximo de 200- ao santuario de Santa Luzía e á zona histórica da localidade portuguesa de Viana do Castelo. A visita inclúe no prezo un xantar típico portugués na Quinta do Cruzeiro e un gran baile para rematar a xornada.

O prezo é de 33 euros (autobús, xantar e seguro incluídos). As persoas interesadas poden obter praza, por rigoroso orde de inscrición, nos centros socioculturais.

Esta excursión, unha das xa tradicionalmente organizadas dende a Rede de Centros Socioculturais resulta moi atractiva para os usuarios de maior idade dos centros que deste modo rematan o ano cunha xornada de encontro festiva nun entorno ben suxestivo como Viana do Castelo.

Esta viaxe, dirixida a público maior de 55 anos empadroado en Santiago, é unha das organizadas tradicionalmente dende a Rede de Centros Socioculturais. Os participantes poderán así rematar o ano cunha xornada festiva de encontro nun entorno ben suxestivo como Viana do Castelo. Ademais, péchase a edición 2013 do programa Imos de excursión, que se vén desenvolvendo con moi boa acollida dende inicios de ano.

Documentos relacionados



Compartir: