BENESTAR SOCIAL
Este colectivo de alumnos tan particular -persoas de entre 65 e máis de 90 anos- rompe canons establecidos, tópicos e estereotipos. O primeiro deles, o que disocia estudios coa idade. E fano con ilusión, afán de superación, gañas de aprender e de seguir aportando, desinteresadamente, á sociedade.
Máis de 20 disciplinas
Ategal conta con nove sedes en Galicia onde se imparten todo tipo de actividades para persoas maiores. Os alumnos e alumnas poden elixir entre máis de vinte cursos de formación de lingua española e galega, literatura, historia do arte, informática, idiomas estranxeiros, ximnasia, pilates, ioga, tai chi, iogailates, obradoiros de memoria ou educación para a saúde, entre outros, ademais de participar en conferencias, visitas a exposicións, excursións...
Este ano, Santiago conta cos novos cursos de Ler na era dixital, nos que se analizarán todos os recursos da Rede sobre literatura e cultura en xeral. Son impartidos por Gloria Rico. Tamén é novidade o programa de actividades na auga, con desprazamento á piscina dende as Aulas e cun grupo exclusivo para os seus alumnos. Cómpre salientar igualmente a actividade Cine e literatura, a partir de xaneiro, e Baile activo zumba. Ademais, Ategal continúa co curso de tablets, de grande éxito na edición anterior e moi demandado.
Envellecemento activo
En Ategal apuntan que o envellecemento é unha tendencia que irá en aumento durante as vindeiras décadas. Así, o descenso de natalidade, o aumento da emigración española e o non retorno dos nosos emigrantes incrementarán o cambio xeracional. Agárdase que, en 2050, a poboación española teña 15 millóns de persoas maiores de 65 anos, é dicir, o 33% dos seus habitantes.
Pero como matiza o presidente de Ategal Galicia, Rafael Romero, "non é prexudicial envellecer -chegar a máis vello e chegar mellor é unha boa noticia-, senón a falta de atención cara a este fenómeno". Para iso son necesarios cambios individuais e sociais, como o fomento do envellecemento activo. "As actividades de Ategal son un bo exemplo diso. Segundo palabras dos propios alumnos, estas aulas mantéñenos activos e informados para ser partícipes e visibles na vida actual", engade. Por outra banda, sinala que, con estas actividades, "foméntanse as relacións sociais, o saír de casa, arranxarche, compartir tempo e experiencias, establecer novas amizades e novas oportunidades de lecer san e bo".
En 35 anos e a unha media de 1.500 ao ano, Ategal formou a 55.000 alumnos. Algúns deles cumpriron ata 20 anos na entidade. Ategal é un centro de formación socio cultural sen ánimo de lucro, colaborador da Xunta de Galicia. Leva dende 1978 axudando a mellorar a calidade de vida de adultos e persoas maiores e a que estes atopen amizades e actividades para compartir no seu tempo de lecer. Pioneira na formación de adultos en Galicia, conta actualmente con 1.500 socios.
As Aulas da Terceira Idade incorporan novas actividades en Santiago este curso 2013-2014
12/11/2013 A Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos inaugurou o curso 2013-2014 das Aulas da Terceira Idade de Galicia (Ategal). O acto, celebrado no Colexio Maior San Agustín, contou coa presenza da concelleira de Benestar Social, María Castelao; da secretaria xeral de Política Social da Xunta de Galicia, Coro Piñeiro; e do vicerrector de Estudantes, Cultura e Formación Continua da Universidade de Santiago, Francisco Durán. A coordinadora xeral de Ategal, Paula Sande Nieto, presentou o novo curso e o presidente da entidade, Rafael Romero deu a benvida a todos os alumnos e alumnas. Ademais, Cristina Couto, de Europe Direct impartiu a conferencia Comunicar Europa.
Máis de 250 persoas maiores, matriculadas en todo tipo de actividades culturais, ocupacionais e de saúde que se imparten nas Aulas da Terceira Idade de Galicia participaron tamén no acto. Aínda que a formación xa ten comezado para algunhas das aulas en outubro, educadores e alumnos decidiron esperar a que todos os cursos estiveran funcionado para ter un momento de encontro entre todos os alumnos, para confraternizar e coñecerse entre eles e, especialmente, darse impulso mutuamente.Este colectivo de alumnos tan particular -persoas de entre 65 e máis de 90 anos- rompe canons establecidos, tópicos e estereotipos. O primeiro deles, o que disocia estudios coa idade. E fano con ilusión, afán de superación, gañas de aprender e de seguir aportando, desinteresadamente, á sociedade.