DEPORTES

Entregados os Premios á Xestión Deportiva

08/11/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asistiron á gala dos IV Premios Galicia á Xestión Deportiva, promovidos pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE).

Foron nove as categorías nas que se entregaron premios, outorgados por un xurado composto por representantes de AGAXEDE e doutras entidades vinculadas á xestión deportiva. Ademais, na gala outorgóuselle a título póstumo a insignia de ouro de AGAXEDE a José Luis Salvador Alonso. A súa viúva recolleu a distinción de mans de Luis Solar, presidente da Federación de Asociacións de Xestores Deportivos de España (FAGDE)

Os galardoados nesta edición foron:

- Premio ao/á mellor xestor/a deportivo/a: Carlos García Pardo.
- Premio á mellora actividade ou programa deportivo: Mancomunidade Terra de Celanova (Ourense).
- Premio ao mellor Concello de menos de 15.000 habitantes: Concello de Tomiño (Pontevedra).
- Premio á mellor entidade pública: Deputación de Pontevedra.
- Premio á mellor entidade privada: Rio Natura Monbus Obradoiro CAB SAD (Santiago de Compostela).
- Premio ao mellor estudo ou innovación: David Fabeiro Agraso.
- Premio ao mellor patrocinio deportivo: Aceites Abril (Ourense).
- Premio á xestión sostible no deporte: Sociedade de Montaña Artabros (A Coruña).
- Premio á xestión deportiva de integración social: Fundación María José Jove (A Coruña).

Antes da gala, Luis Solar impartiu a conferencia ¿É rendible a pedagoxía para o fútbol español?. Experiencia do Atlhetic Club. El tamén se encargou de clausurar o acto.

Compartir: