URBANISMO

O Concello substituirá os elementos de xogo do parque de Ponte Pereda

08/11/2013 Os concelleiros María Pardo e Luis Meijide visitaron o parque de Ponte Pereda coa Asociación de Veciños Conxo Aberto. Xuntos inspeccionaron varias zonas deste espazo verde nas que se realizarán melloras en breve e que eran unha vella demanda do barrio.

A concelleira de Urbanismo e de Parques e Xardíns, María Pardo, comunicoulle aos representantes veciñais que en breve irá a Xunta de Goberno a substitución dos elementos de xogo do parque infantil. Ademais e a medida da dispoñibilidade orzamentaria iranse acometendo outras demandas, como o arranxo da fonte, o peche da pista de baloncesto, a mellora do alumeado nun camiño paralelo ao periférico e o arranxo dalgún mobiliario.

Compartir: