ECONOMÍA

A I Conferencia Internacional de Experiencia do Cliente "Feeling Brands" analiza as claves para a diferenciación no século XXI

08/11/2013 Arrancou en Santiago Feeling Brands, a I Conferencia Internacional de Experiencia do Cliente. Esta xornada pretende achegar aos profesionais, empresas e organizacións unha tendencia global e posicionar a Galicia no marketing de experiencias clave para a diferenciación no século XXI.

Sobre o escenario do Auditorio de Novagalicia Banco están a pasar recoñecidos relatores nacionais e internacionais para disertar sobre a marketing experiencial e os beneficios da súa aplicación en sectores como o retail, o turismo ou a hostalería, tan presentes en Galicia.

A inauguración correu a cargo da concelleira de Economía, Reyes Leis, e da responsable de Marketing de Novagalicia Banco, Paz Comesaña. Ambas as dúas entidades son as principais patrocinadoras do evento.

Feeling Brands está organizado pola axencia Más Valor a primeira de Galicia orientada a experiencia do cliente, cuxas fundadoras, Dolores Diz e Fernanda Fernández, apostaron por Galicia para este evento porque a comunidade ten un forte compoñente de comercio (retail), restauración, hostalería e outros servizos asociados ao turismo na súa creación de riqueza con estupendos exemplos de creatividade e innovación.

Nun contexto actual onde abunda a oferta, a pouca diferenciación e unha alta presión competitiva, "conseguir innovar e ser diferentes convértese nunha tarefa moi difícil para as empresas e profesionais. Para ser diferentes hai que xogar outro xogo, deixar de vender cousas e empezar a vender experiencias. A experiencia do cliente ", aseguran as fundadoras de Más Valor.

Enfocarse máis no cliente e a súa atención, mellorar a calidade do servizo, innovar en oferta e o deseño de experiencias do cliente relevantes e únicas debe ser un obxectivo a conseguir para fortalecer e posicionar a marca Galicia no mercado interno e internacional. Estes son algúns dos retos que se abordarán en Feeling Brands.

Elenco de relatores
Os relatores desta I Conferencia Internacional de Experiencia do Cliente son:

- Javier Goyeneche, fundador de Fun & Basics. O seu novo proxecto é Ecoalf, unha compañía de moda sostible, onde a materia prima é lixo reciclado.
- Trevor O’Hara, emprendedor en serie con experiencia en start-ups e en compañías blue-chip. É fundador de One–City International, unha rede global de espazos de co-working.
- Karan Khemani, fundador de Bugscore, a primeira plataforma global onde se poden avaliar todas as experiencias da vida de cada un: produtos, empresas, profesionais e marcas.
- Ignacio Ciocchini (via Skype), vicepresidente de Deseño en Chelsea Improvement Company, unha compañía non-profit abocada a mellorar a experiencia da xente que vive, traballa ou visita Southwest Chelsea a través do diseño, da rehabilitación e do paisaxismo urbano.
- Dolores Diz, co fundadora de Más Valor, a primeira axencia galega enfocada na experiencia do cliente e organizadora desta Conferencia.
- Iván Cotado, especialista en deseño de interiores comerciais con experiencia a nivel nacional.

Complétase o programa cunha mesa redonda con proxectos e profesionais galegos que están facendo un especial esforzo en aportar valor e riqueza a Galicia. Son Casa Marcelo, de Marcelo Tejedor; El Cercano, de Moncho Conde Corbal; Aceites Olei, de María Estévez; Marcaspara Pymes, de Diego Carracedo; e Fundación Andrea, de Charo Barca.

Compartir: