OBRAS

Reunión cos veciños da rúa de San Pedro para analizar a marcha das obras

07/11/2013 A concelleira de Urbanismo reuniuse no Centro Sociocultural da Trisca coa Asociación de Veciños Amigos de San Pedro para falar sobre a marcha das obras na rúa de San Pedro. O luns 11, a edil falará coa outra asociación do barrio, A Xuntanza.

Os veciños transmitíronlle á concelleira que prefiren que non se interrompan as obras en decembro, ao estar previsto rematar as beirarrúas en novembro e quedar para decembro o formigonado da calzada. Consideran que este último non prexudicará a campaña comercial de Nadal.

María Pardo comunicoulles aos veciños que a obra estará rematada a finais de xaneiro, quedando entón pendente só algunha dotación de mobiliario. Os representantes veciñais expresaron a súa satisfacción por como se está executando esta actuación.

Compartir: