ECONOMÍA

Área Central acolleu unha xornada formativa sobre emprendemento e innovación

07/11/2013 A concelleira de Economía e Emprego, Reyes Leis, clausurou a I Xornada de Emprendemento e Innovación, que se celebrou na sala de xuntas do centro comercial Área Central. A actividade pretendía achegar o coñecemento necesario a todos aqueles que posúen unha empresa nova, teñen intención de comezar un proxecto empresarial ou a necesidade de innovar nunha empresa xa consolidada.

A Xornada, que contou como relator con Juan Graña, CEO de Uno Consulting Corporate e de UNOPrometeus, estaba fundamentalmente dirixida a obter a visión de mercado e proporcionar técnicas para a creatividade e a innovación. As claves formativas foron a diferenciación a través da innovación e as claves do mercado imprescindibles para o éxito.

Compartir: