ECONOMÍA

O Concello colabora con Em-Rede nun encontro para empresas na busca de novos clientes e dunha maior visibilidade

05/11/2013 A asociación Em-Rede (Rede de Iniciativas Empresariais de Santiago e Comarca) organiza coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela + amigos + negocios, un encontro profesional onde as empresas participantes terán a posibilidade de ampliar a súa rede de contactos e mellorar a visibilidade do seu negocio.

Dun xeito informal, este encontro permitirá aos participantes dar a coñecer o súa empresa e encontrar posibles clientes, colaboradores ou socios. Celebrarase o xoves 7 de novembro, ás 20:30 horas, no Bar Singulario (rúa Fernando III El Santo 4). Aínda está aberto o prazo de inscrición.

Información en info@proxectoemrede.com e no teléfono 981 938 236.

Compartir: