ALCALDÍA

O Concello de Santiago súmase aos actos de homenaxe a Segundo Hevia

04/11/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á presentación do acordo institucional que permitirá levar a cabo as actividades de homenaxe a Segundo Hevia. O Concello súmase así á Cámara de Comercio, ao Real Aeroclub, á Real Sociedade Económica de Amigos do País e á Fundación Novacaixagalicia para organizar unha serie de eventos que se iniciarán este mércores, 6 de novembro, coa apertura dunha exposición de 80 acuarelas do artista.

As actividades completaranse cun ciclo de conferencias que arrincará tamén este mércores, ás 20:00 horas. Encargarase desta primeira entrega, titulada "Difusión europea do Camiño de Santiago a través das acuarelas de Segundo Hevia", José Carro Otero.

Compartir: