XUVENTUDE

Santiago acolle a exposición dos finalistas de artes plásticas do certame "Xuventude Crea"

04/11/2013 A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, acompañou o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, na inauguración da exposición dos traballos finalistas da modalidade de artes plásticas (fotografía, escultura e pintura) do certame Xuventude Crea, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 14 de novembro na igrexa da Universidade.

Vinte finalistas expoñen as súas obras nesta mostra. No apartado de escultura, están os traballos de Basilisa Fiestas Cachafeiro, Luís González López e Rocío Fernández Pacio. Na modalidade de fotografía, expoñen as súas obras Verónica Reboredo Blanco, Inés Salvado Gontad, David Soler Berini, Patricia Alonso Sande, Miguel Álvarez Fernández, Carla Fernández Andrade, Clara Baltasar Afonso, Sheila Pazos Silva, David Rodríguez Casas e Verónica Vicente Álvarez. En pintura, os protagonistas son Mónica Domínguez Rodríguez, Sergio Fernández Martínez, Paula López Vallejo, Alexandra Agis García, Isabel Pazos Pose, María Jesús Armesto Martínez e Jacobo Bugarín Osorio.

Na edición de 2013, máis de 300 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos participaron neste certame de creadores novos. En total, presentaron 238 traballos en 11 especialidades diferentes: música, teatro, deseño de xoias, moda ,artes plásticas, videocreación, banda deseñada, carteis, graffiti, poesía e relato breve.

Os premios para os mellores de cada unha das 11 modalidades son de 3.000 euros para os gañadores, 1.500 para os segundos, e 1.000 para os terceiros. A maiores, os premiados en teatro e música poderán representar as súas creacións nunha serie de actuacións por distintos concellos galegos, mentres que os tres primeiros clasificados en artes plásticas terán a oportunidade de tomar parte en exposicións colectivas no Circuíto da Creatividade Xuvenil Galega.

Compartir: