BENESTAR SOCIAL

Batallas de breakdance en Área Central

02/11/2013 A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu ás Santiago Street Battles, nome que recibiu o II Campionato Galego de Breakdande na modalidade 1 vs 1, celebrado en Área Central. O evento, organizado polo Concello e Vella Escola, reuniu a competidores de diferentes puntos de Galicia.

O campionato tivo unha grande acollida, con presenza de numeroso público e un alto nivel competitivo. Ademais das propias batallas de breakdance, houbo exhibicións de beatbox, popping, turntablism e graffiti.

O compostelán CRO foi o DJ dunha competición na que actuou como speaker Kawa (Vigo). O xurado estivo composto por Master, de Black Shadows (Vigo); Joseba, de Eternos Return (Badaxoz); e Dave, de Skillzophrenics & N.W. Fighters (A Coruña).

Compartir: