XUNTA DE GOBERNO
Tamén comezará de inmediato a obra prevista no Romaño (San Xoán de Afora), adxudicada por 67.824 euros e tamén cun mes de execución. Realizaranse labores de asfaltado e de colocación de aglomerado, de reposición de tubaxe de sumidoiros e de arranxo dun lavadoiro.
Urbanismo
En materia de Urbanismo, a Xunta de Goberno aprobou a modificación de novos modelos de comunicación e solicitude de licenzas para usos e obras. En concreto, publícanse novos impresos para división de terreos, licenza de obra, comunicación de obra menor, primeira ocupación, actividade, apertura de establecemento e cambio de titular de actividade.
Seguindo cos asuntos deste Departamento, aprobouse o proxecto de mellora de tramos no Camiño Francés para a súa conservación, mantemento e ornato. Ademais, deuse o visto inicial ao estudo de detalle do ámbito das Casas de Ramírez, co fin de garantir a coherencia formal e o mantemento de intervención en función do tipo de actuación a realizar, sinalando os criterios aos que deberán aterse as fachadas e as cubertas.
Facenda
A propostas da concelleira de Facenda, aprobouse o proxecto de modificación de Ordenanzas Fiscais. Este proxecto será sometido ao debate do Pleno nunha sesión extraordinaria prevista para o luns 4 de novembro.
Cultura
O Goberno local tamén ratificou a sinatura de varios convenios, coas súas correspondentes subvencións nominativas, no ámbito cultural: Asociación Cultural Francisco Asorey (2.000 €), Ateneo de Santiago (2.500 €), Museo do Pobo Galego (9.180 €), Fundación Gonzalo Torrente Ballester (21.000 €), Fundación Rosalía de Castro (3.825 €), Conservatorio de Música Tradicional e Folque (8.000 €), Asociación do Traxe Galego (3.825 €), Agrupación Cultural O Galo (2.500 €) e Sala Capitol (10.000 €).
Deportes
Finalmente, aprobáronse as bases reguladoras dos Premios Santiago Deporte 2013, aos que se destina un importe de 8.000 euros.
Viso contará ao fin con beirarrúas
31/10/2013 A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, adxudicou dúas actuacións do programa municipal de obras en zona urbana e suburbana, en Viso e en San Xoán de Afora-Romaño. Tamén se deu o visto bo á modificación dos modelos de comunicación e solicitude de licenza para usos e obras.
A obra adxudicada en Viso, por importe de 64.803 euros e un prazo de execución dun mes, permitirá que ao fin este barrio conte con beirarrúas. Serán 300 metros a ambos lados, dende a zona das pistas de pádel.Tamén comezará de inmediato a obra prevista no Romaño (San Xoán de Afora), adxudicada por 67.824 euros e tamén cun mes de execución. Realizaranse labores de asfaltado e de colocación de aglomerado, de reposición de tubaxe de sumidoiros e de arranxo dun lavadoiro.
Urbanismo
En materia de Urbanismo, a Xunta de Goberno aprobou a modificación de novos modelos de comunicación e solicitude de licenzas para usos e obras. En concreto, publícanse novos impresos para división de terreos, licenza de obra, comunicación de obra menor, primeira ocupación, actividade, apertura de establecemento e cambio de titular de actividade.
Seguindo cos asuntos deste Departamento, aprobouse o proxecto de mellora de tramos no Camiño Francés para a súa conservación, mantemento e ornato. Ademais, deuse o visto inicial ao estudo de detalle do ámbito das Casas de Ramírez, co fin de garantir a coherencia formal e o mantemento de intervención en función do tipo de actuación a realizar, sinalando os criterios aos que deberán aterse as fachadas e as cubertas.
Facenda
A propostas da concelleira de Facenda, aprobouse o proxecto de modificación de Ordenanzas Fiscais. Este proxecto será sometido ao debate do Pleno nunha sesión extraordinaria prevista para o luns 4 de novembro.
Cultura
O Goberno local tamén ratificou a sinatura de varios convenios, coas súas correspondentes subvencións nominativas, no ámbito cultural: Asociación Cultural Francisco Asorey (2.000 €), Ateneo de Santiago (2.500 €), Museo do Pobo Galego (9.180 €), Fundación Gonzalo Torrente Ballester (21.000 €), Fundación Rosalía de Castro (3.825 €), Conservatorio de Música Tradicional e Folque (8.000 €), Asociación do Traxe Galego (3.825 €), Agrupación Cultural O Galo (2.500 €) e Sala Capitol (10.000 €).
Deportes
Finalmente, aprobáronse as bases reguladoras dos Premios Santiago Deporte 2013, aos que se destina un importe de 8.000 euros.
- Resumo da Xunta de Goberno
- Modelo de solicitude de licenza de división de terreos
- Modelo de solicitude de licenza de obra
- Modelo de comunicación de obra menor
- Modelo de solicitude de licenza de primeira ocupación
- Modelo de solicitude de licenza de actividade
- Modelo de comunicación de apertura de establecemento
- Modelo de comunicación de cambio de titular de actividade