BENESTAR SOCIAL

Máis de 30 entidades sociais participan no xa constituído Consello Sectorial de Familia, Benestar Social e Igualdade

30/10/2013 A concelleira de Benestar Social, María Castelao, presidiu a constitución formal do Consello Sectorial de Familia, Benestar Social e Igualdade nunha reunión celebrada na Casa das Asociacións de Benestar Social, en Salgueiriños.

Máis de 30 entidades do ámbito social, entre asociacións e institucións, participan neste novo organismo. Nesta sesión, de carácter constitutivo, procedeuse tamén á creación das diferentes comisións sectoriais.

Compartir: