NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Unha nova publicación recompila os ensaios filosóficos de Domingo García-Sabell

29/10/2013 A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asistiu á presentación da obra Domingo García-Sabell e a fenomenoloxía, nun acto celebrado na Biblioteca Pública Ánxel Casal.

Domingo García-Sabell e a fenomenoloxía está editado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística por medio do proxecto de recuperación de textos do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH). Recompila, baixo a coordinación de Ramón López Vázquez, abondosos ensaios do médico, escritor, político e humanista Domingo García-Sabell, quen foi presidente da Editorial Galaxia, presidente da Real Academia Galega e delegado do Goberno en Galicia.

O volume engloba un bo número de escritos filosóficos da autoría de García-Sabell, artellado en dúas partes que afondan nos principios teóricos, así como na aplicación destes á cultura galega da segunda metade do s. XX.

Compartir: