ALCALDÍA

Santiago de Compostela e Rieti, dúas cidades unidas pola figura de San Francisco

26/10/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o conselleiro de Cultura, Turismo e Promoción do Territorio da Comune di Rieti (Italia), Diego Di Paolo.

A cidade de Rieti ten como un dos sus principais atractivos turísticos os seus catro santuarios franciscanos. Precisamente e no marco da inminente celebración en 2014 do 800º aniversario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela, o alcalde e o conselleiro falaron dalgunha posible colaboración en materia turística.

Rieti ten tamén un valorado centro histórico e, pola súa situación xeográfica, é considerado popularmente coma o centro de Italia.

Compartir: