ALCALDÍA

Máis de 200 profesionais das TIC participaron en Santiago na XI Galicia TIC

24/10/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugurou Galicia TIC 2013. O evento, que se celebrou no Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura, reuniu a máis de 200 profesionais das TIC (tecnoloxías da información e da comunicación) e profesores e estudantes universitarios deste ámbito.

Nesta undécima edición de Galicia TIC –a cuarta que se celebra en Santiago- realízaronse diversos relatorios de empresas multinacionais, que informaron sobre tendencias tecnolóxicas das TIC e as súas aplicacións ao mundo empresarial e cidadán. Tampouco faltaron as empresas TIC de Galicia máis innovadoras, que propuxeron as súas solucións e produtos con posibilidades de globalización.

O programa tamén incluía debates sobre internacionalización das empresas TIC de Galicia, experiencias e factores de éxito, e sobre tendencias na e-administración e a súa expectativa de mellora para cidadáns e empresas. A xornada completouse coa presentación de diversas solucións tecnolóxicas aplicadas ás cidades e ás empresas. A concelleira de Urbanismo, María Pardo, participou na clausura da xornada.

Direcciones relacionadas



Compartir: