URBANISMO

A urbanización da zona de Galeras permitirá incorporar á cidade outros 8.000 metros cadrados de zonas verdes

22/10/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado pola concelleira de Urbanismo, María Pardo, visitou a zona de Galeras onde neste intre se está a construír un edificio de promoción privada para 81 vivendas. O proxecto de reparcelación da mazá supón a cesión ao Concello dunha praza pública e dunha zona verde.

Con esta actuación e tras anos de parálise, avánzase na planificación e remate desta zona da cidade, que se completará coa construción do centro de saúde. A urbanización ligada a esta superficie residencial e a que acompañará ao centro de saúde, permitirá incorporar 8.000 metros cadrados de zonas verdes a esta área de Galeras.

Compartir: