MOBILIDADE
A modo de resumo, Luis Bello salientou as bolsas de auga producidas en zonas como Pelamios, Castiñeiriño, Burgo das Nacións, Concheiros, Entrerríos, Carme de Abaixo ou Costa Vella; caídas de muros na Amañecida ou Figueiras; e caídas de árbores en San Lourenzo, Grixoa, Marzo, Aríns ou Figueiras. A isto hai que sumar inundacións en baixos e locais comercias en varias partes da cidade. Nesta mesma mañá, os Bombeiros tiveron que saír a achicar auga dunha sala inundada do Centro Sociocultural das Fontiñas.
A xornada de intensas choivas e vento obrigou a reforzar os servizos municipais de seguridade e emerxencia
22/10/2013 O concelleiro de Seguridade Cidadá, Luis Bello, deu conta das principais incidencias da última tarde-noite de choiva e vento, na que se recolleron uns 94 litros por metro cadrado, con rachas de vento de 44 km/h. Esta situación, que obrigou a decretar a alerta laranxa por Emerxencias de Galicia, provocou diversas bolsas de auga, inundacións en baixos e locais comerciais e caídas de árbores e muros.
Esta situación climatolóxica obrigou a reforzar a presenza de efectivos de Bombeiros, Policía Local e Protección Civil, que estiveron atendendo durante toda as incidencias producidas. En especial, o concelleiro destacou como "momento complicado" en torno ás 20:00 horas, no que se produciu unha saturación de chamadas na Policía Local e os Bombeiros tiveron que priorizar as súas saídas ante o número de incidencias acontecidas. No dispositivo tamén participaron as diferentes concesionarias de servizos municipais.A modo de resumo, Luis Bello salientou as bolsas de auga producidas en zonas como Pelamios, Castiñeiriño, Burgo das Nacións, Concheiros, Entrerríos, Carme de Abaixo ou Costa Vella; caídas de muros na Amañecida ou Figueiras; e caídas de árbores en San Lourenzo, Grixoa, Marzo, Aríns ou Figueiras. A isto hai que sumar inundacións en baixos e locais comercias en varias partes da cidade. Nesta mesma mañá, os Bombeiros tiveron que saír a achicar auga dunha sala inundada do Centro Sociocultural das Fontiñas.