BENESTAR SOCIAL

Alcer Galicia recupera a súa actividade

20/10/2013 A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu á presentación da Federación de Asociacións Alcer Galicia. Trátase da refundación desta entidade, tras 20 anos inactiva.

Alcer Galicia aspira a ser un instrumento válido para mellorar a calidade de vida dos enfermos renais en Galicia. Entre os seus obxectivos están campañas de sensibilización sobre a doazón, o establecemento de carnés de doador, o aumento da diálise peritoneal ou a mellora do transporte sanitario e non sanitario.

Compartir: