CULTURA

Kiko Pastur presenta "A ponte invisible"

15/10/2013 O ilusionista Kiko Pastur presenta no Teatro Principal A ponte invisible, unha sesión de maxia con baralla, violoncello, piano e violín. A cita é este mércores, 16 de outubro, ás 21.00 horas.

A ponte invisible trasládanos a un lugar onde os naipes se envolven de ficción máxica e surrealismo. Unha colección única de soños imposibles, onde o ilusionista Kiko Pastur nos invita a tomar un té con dúas culleradas de maxia. Suxestivas historias e melodías baixo o influxo da baralla, tentándonos a cruzar ao outro lado da ponte.

A función está recomendada a partir de 14 anos. Entradas á venda a 8 euros.

Kiko Pastur é un creador de números orixinais de maxia, ensaios sobre teoría, conferencias e profesor de maxia. Actúa sempre pola experimentación, o xogo, a poesía e a innovación na arte da maxia. Neste espectáculo estará acompañado ao violoncello por Amaia Garrido e, ao piano, por Eloy Mateos.

Compartir: