XUVENTUDE

Entrega de diplomas aos voluntarios lingüísticos que prestaron axuda básica a turistas e peregrinos durante o verán

15/10/2013 A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, entregou os diplomas aos 16 participantes no programa de voluntariado lingüístico posto en marcha este verán para ofrecer unha axuda básica a turistas e peregrinos durante as Festas do Apóstolo. A iniciativa foi posible grazas a un acordo entre o Concello, o Grupo PREMIR e a Asociación Hostalería Compostela.

Durante dez días, peregrinos e turistas recibiron información básica a cargo de 16 voluntarios lingüísticos de entre 18 e 25 anos. Ademais de proporcionar instrucións e de levar a información cultural e guías da cidade para os turistas que o desexaran, os voluntarios estiveron localizables para os hostaleiros que necesitaran unha solución rápida aos problemas que xurdiran na comprensión entre os turistas e os traballadores dos establecementos.

Os mozos portaban unha indumentaria identificativa, con camisetas nas que constaba a inscrición "Can I help you?" e unha chapa cos idiomas que dominaba cada un. Estiveron en puntos estratéxicos do casco vello percorrendo durante tres horas as zonas máis transitadas, considerando as indicacións establecidas polo Concello de Santiago e Hostalería Compostela.

Compartir: