TURISMO

O Hostal dos Reis Católicos, elixido polos viaxeiros como o mellor parador de España

08/10/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu no Hostal dos Reis Católicos ao acto de entrega da III edición dos premios Travellers Choice Paradores de Turismo de Tripadvisor.

O Hostal dos Reis Católicos resultou galardoado nesta edición como o mellor parador de turismo de España. O segundo clasificado foi outro parador galego, o de Santo Estevo, en Nogueira de Ramuín (Ourense).

Estes premios Travellers Choice son outorgados polos viaxeiros que deixan as súas opinións e votos na web de Tripadvisor.

Compartir: