INFORMÁTICA
Unhas 250 persoas participaron nesta gala, que incluíu a entrega dos premios anuais do colexio. O acto presentouno o mentalista Javier Luxor.
Os enxeñeiros informáticos de Galicia entregaron os seus premios anuais
04/10/2013 A concelleira Amelia González asistiu á V edición da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia. Profesionais e empresariado do sector TIC déronse cita nunha cea de gala no Hotel Monumento San Francisco para facer visibles a informática e a defensa da mesma.
As colexiadas e colexiados que integran o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), presidido por Fernando Suárez, reuníronse nesta quinta edición da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia.Unhas 250 persoas participaron nesta gala, que incluíu a entrega dos premios anuais do colexio. O acto presentouno o mentalista Javier Luxor.