EDUCACIÓN

Homenaxe a 39 profesores xubilados con motivo do Día Mundial do Docente

04/10/2013 A concelleira de Educación, María Castelao, asisiu aos actos con motivo do Día Mundial do Docente, presididos polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez.

Neste acto, celebrado na Cidade da Cultura, rendeuse homenaxe a 39 profesores que acaban de xubilarse tras unha vida de dedicación ao alumnado. En representación destes docentes interveu Isabel Vázquez Cazón. A homenaxe completouse coa actuación do Grupo de Música Tradicional da Axencia Galega das Industrias Culturais, que interpretou "Alborada Galega", de Pascual Veiga; a "Muiñeira de Chantada", de Avelino Cachafeiro; e as pezas populares "Xota de Albite" e "Pasodobre arxentino".

O Día Mundial do Docente, instituído pola Unesco en 1994 e que se celebra cada 5 de outubro, é unha data na que se pretende valorar a contribución diaria de preto de 55 millóns de profesionais do ensino en todo o mundo.

Compartir: