NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Continúan as sesión do Obradoiro de creación literaria "Da memoria ao poema"

05/10/2013 A Fundación Granell segue acollendo nas mañás dos sábados o Obradoiro de creación literaria Da memoria ao poema. A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asistiu á cuarta sesión do taller, que contou como convidado co escritor Antón Lopo.

Este Obradoiro de creación literaria, organizado pola Concellería de Normalización e a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, é impartido pola escritora Alicia Fernández. Está centrado na poesía e os participantes traballan os recursos lingüísticos, mais tamén acoden ao xogo e ás novas tecnoloxías para experimentar coas linguaxes poéticas.

Despois desta cuarta sesión aínda quedan outras seis, previstas para as mañás dos sábados 19 e 26 de outubro e 9, 16, 23 e 30 de novembro.

Direcciones relacionadas



Compartir: