TURISMO

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España convoca un concurso de fotografía nas súas redes sociais

03/10/2013 O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España convoca, con motivo da celebración do 20 aniversario da súa creación, a primeira edición dun concurso de fotografía que terá como escenario as súas redes sociais.

O tema central do certame serán as propias cidades que forman esta rede, que deberán ser as protagonistas das imaxes que se presenten ao concurso. Dende a foto máis orixinal ou artística á máis especial para o seu autor, sempre acompañada por un breve comentario explicativo.

O Grupo de Cidades Patrimonio valorará a creatividade, calidade e orixinalidade destas e o autor da máis votada obterá como premio dúas noites de aloxamento con almorzo para dúas persoas nun dos Paradores Nacionais das 13 cidades inscritas na Lista do Patrimonio Mundial.

Os autores da segunda e terceira foto seleccionadas obterán como premio un exemplar do libro Trece xoias de España, editado por La Fábrica, e Cidades Patrimonio, que inclúe 210 imaxes do fotógrafo José Manuel Navia.

O prazo para participar conclúe o 31 de outubro e os gañadores daranse a coñecer o día 8 de novembro nas redes sociais do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

Máis información do Concurso en:

www.ciudadespatrimonio.org

www.facebook.com/grupocphe

Documentos relacionados



Compartir: