ALCALDÍA

Arquitectos dominicanos visitaron o Concello

03/10/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu unha delegación de arquitectos da República Dominicana.

Este grupo de arquitectos, procedentes de Santo Domingo e de Santiago de los Caballeros, estiveron participando nun máster na Facultade de Arquitectura da Coruña. Como fin do seu traballo académico, quixeron coñecer os exemplos da mestura entre tradición e arquitectura contemporánea de Santiago de Compostela.

Compartir: