ALCALDÍA

O alcalde agradece a contribución do Corpo Nacional de Policía para facer de Santiago de Compostela unha cidade segura

02/10/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu no Auditorio de Galicia aos actos con motivo da festividade dos Santos Anxos Custodios, patróns do Corpo Nacional de Policía. Na cerimonia impuxéronse condecoracións a diferentes integrantes do Corpo.

Ángel Currás transmitiu a súa felicitación aos condecorados e trasladoulle ao Corpo Nacional de Policía "a gratitude, a consideración e o afecto das xentes desta cidade", porque "contribúen decisivamente a perfilar e a asegurar a nosa condición de cidade e a nosa condición de capital". "As xentes de Santiago sabemos que a nosa percepción de vivir nunha cidade segura debémoslla, en boa medida, a vostedes", engadiu.

Falou do traballo policial como "un labor complexo, sacrificado e socialmente útil", eloxiando a súa función de auxilio e de protección. Os axentes, dixo, son "depositarios" dunha "enorme confianza" por parte dos cidadáns, polo que reiterou a súa "gratitude, admiración e afecto".

Compartir: