CENTROS SOCIOCULTURAIS

Faladoiro sobre cine de animación e nova proxección do Compostela Cine Classics

02/10/2013 Continúan as actividades do programa Compostela Cine Classics, promovido pola Concellería de Centros Socioculturais. Para este xoves 3, faladoiro sobre cine de animación e, o venres 4, nova proxección desta vez cunha obra de Kurosawa: Rashomon.

Este xoves 3 de outubro, ás 20:00 horas, celebrarase no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche un faladoiro dedicado ao cine de animación e aos debuxos animados galegos. Contará coa participación de Fernando Cortizo, director e guionista de O Apóstolo; Ángel de la Cruz, director e guionista de Arrugas; e Tomás Conde e Virginia Curiá, de Algarabía Animación. A entrada é de balde ata completar o aforo da sala.

E o venres 4 de outubro, ás 20:30 horas, nova cita na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta para ver o filme Rashomon (1950), do director Akira Kurosawa. A continuación, café con cine na compaña de Jose Luis Losa, director de Cineuropa.

Direcciones relacionadas



Compartir: