XUVENTUDE

Xuventude pon en marcha o seu Twitter

01/10/2013 O Departamento de Xuventude promove toda unha serie de iniciativas para tratar de mobilizar, formar e informar os mozos e mozas da cidade. Para que a información sobre os programas e actividades chegue eficazmente ao seu público destinatario é moi necesario ter presenza nas redes sociais, que hoxe en día son un recurso importantísimo de cara a comunicarse cos demais, en especial cando nos referimos á xuventude.

Con ese motivo, este ano púxose en marcha o Facebook da Concellería de Xuventude. Despois de comprobar o impacto positivo da súa creación (son xa máis de 700 os activos seguidores), preténdese reforzar a presenza da Concellería nas redes sociais, creando unha conta de Twitter. Este sistema de microblogging conta con gran popularidade, tendo un número moi alto número de seguidores ou followers aos que a Concellería quere chegar dunha maneira directa e contestar as dúbidas e mensaxes formulen.

O Twitter da Concellería de Xuventude é @XuventudeCompos.

Compartir: