NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Rebeca Domínguez expuxo os programas municipais de dinamizacion do uso do da lingua galega aos centros educativos

01/10/2013 A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, mantivo unha reunión con representantes dos colexios de Santiago para analizar conxuntamente os programas de dinamización do uso da lingua galega.

A convocatoria estaba dirixida a todos os centros de educación primaria e secundaria, especialmente aos equipos de dinamización e normalización lingüística. Na reunión, a concelleira expuxo os programas que mantén o Concello durante o curso escolar e que se dirixen aos ámbitos infantil e xuvenil. Así mesmo, invitouse ao profesorado a realizar novas propostas e tamén se estudarán as posibles vías de colaboración entre toda a comunidade escolar para lograr unha maior eficacia nas actividades que se realizan.

Compartir: