BENESTAR SOCIAL

"+ que fútbol": o deporte cun enfoque socializador, preventivo e integrador

27/09/2013 A titular de Benestar Social, María Castelao, e a de Xuventude, Rebeca Domínguez, asistiron no pavillón Quiroga Palacios á actividade + que fútbol, organizada pola Concellería de Benestar Social dentro do Plan de Acción Local para a Prevención das Drogodependencias.

O Concello quere facilitar a práctica de diversas actividades, deportivas, culturais ou de lecer a aqueles mozos que non atopan lugares onde desenvolvelas. Trátase de impulsar alternativas de ocio que máis adiante se poidan levar a cabo xa sen intermediación e de forma autónoma polos propios mozos.

A esencia de + que fútbol reside en potenciar o carácter socializador que ten este deporte, cun enfoque claramente preventivo e integrador. O seu obxectivo é que aqueles mozos que, sen desexar unha actividade regrada, desexan xogar ao fútbol, poidan facelo.

O éxito desta actividade é tal que, na edición do ano 2012, en actividades puntuais, chegáronse a xuntar ata 70 persoas para compartir o fútbol. A única condición e ir a pasalo ben. Fórmanse equipos informais e a sesión vai acompañada dunha merenda. Os xogadores poden tamén ser parte logo dun boletín ou mesmo dun rap.

Compartir: