TURISMO
Os billetes xa están á venta a un prezo de 34,99 euros por traxecto, taxas incluídas.
Vueling conectará Santiago con Málaga a partir do 21 de decembro
27/09/2013 Vueling enlazará as cidades de Santiago de Compostela e Málaga a partir do próximo 21 de decembro e durante o resto da tempada de inverno 2013-14. A aerolínea comezará conectando ambas cidades con dúas frecuencias semanais os luns e venres para pasar a tres, engadindo o mércores, a partir do 17 de febreiro.
A compañía ofertará 12.960 asentos ata marzo e operará a ruta cun Airbus A320 con capacidade para 180 pasaxeiros.Os billetes xa están á venta a un prezo de 34,99 euros por traxecto, taxas incluídas.