DEPORTES

A XII Camiñada ao Pedroso ofrece unha oportunidade solidaria de percorrer a pé os bosques da ribeira do Sarela

26/09/2013 Santiago acollerá o domingo 6 de outubro, ás 10:00 horas, a XII Camiñada ao Pedroso. Esta andaina solidaria, cuxa recadación irá integramente a UNICEF, foi presentada en rolda de prensa polo concelleiro de Deportes, Adrián Varela; acompañado da coordinadora de UNICEF en Santiago, Irene Marín, e do presidente do Club Deportivo Fontiñas, Javier Laíño.

A XII Camiñada ao Pedroso partirá da praza do Obradoiro e seguirá o curso do río Sarela, atravesando fermosos paraxes boscosos da ribeira ata A Peregrina. Alí, os participantes dirixiranse á faldra do Pedroso, rematando o percorrido na Granxa do Xesto.

Estímase que a andaina se poida realizar nun tempo entre tres e tres horas e media. O percorrido, con escasas pendentes, é apto para todas as idades e condicións físicas. A ruta discorrerá ata o Romaño por unha senda peonil habilitada polo Concello pola Ribeira do Sarela. No resto do percorrido a carón do río, o Club Fontiñas realizou unha limpeza para facelo perfectamente transitable.

O praza de inscrición na Camiñada estará aberto ata o venres 4 de outubro na sede de UNICEF Comité Galicia en Santiago de Compostela (Carreira do Conde, 2). O prezo é de 5 euros. Os menores deberá ir acompañados.

Todos os fondos recadados serán destinados ao traballo de UNICEF. Como exemplo do que un pequeno esforzo pode supor para os máis desfavorecidos, Irene Marín indicou que, con 5 euros, se pode realizar un tratamento fronte á desnutrición aguda a catro nenos durante un día.

UNICEF traballa con equipos estables e profesionais en máis de 150 países para tratar de garantir a nenos e nenas o dereito a sobrevivir e a desenvolverse dende a primeira infancia ata a adolescencia. A organización, que é o maior provedor de vacinas para os países en desenvolvemento, traballa para mellora a saúde e a nutrición da infancia; o abastecemento de auga e saneamento de calidade; a educación básica de calidade para todos os nenos e a protección dos menores contra a violencia, a explotación e o VIH/SIDA.

Direcciones relacionadas



Compartir: