ALCALDÍA

Inauguración da rúa José Antonio Souto Paz

25/09/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugurará o vindeiro venres, 27 de setembro, ás 12:30 horas, a rúa José Antonio Souto Paz, que lembra a figura do que fora alcalde da primeira Corporación democrática de Santiago de Compostela. O vieiro, situado no SUNP-7 de Pontepedriña, conflúe tanto no seu punto de entrada como no de saída na rúa do Restollal.

José Antonio Souto Paz (Pontevedra, 1938) é doutor en Dereito e catedrático da Universidade. Foi alcalde entre 1979 e 1981, tras concorrer ás eleccións pola Unión de Centro Democrático (UCD). O primeiro alcalde democrático é lembrado como un exemplo de coherencia e responsabilidade política polos seus compañeiros de Corporación. Foi quen de presentar a dimisión o 3 de setembro de 1981, despois de que o Goberno central, nas mans da UCD de Calvo Sotelo, non cumprise a promesa de crear en Santiago o Real Padroado, que era agardado como unha ferramenta fundamental para poder desenvolver os proxectos importantes da ci- dade.

Ademais de alcalde de Santiago, ostentou os cargos de decano da Facultade de Dereito de Santiago, deputado nas Cortes e no Congreso, deputado da Xunta de Goberno do Colexio de Avogados de Madrid e asesor do Defensor do Pobo.

Compartir: