BENESTAR SOCIAL

Curso de coidados integrais a persoas dependentes no CSC de Fontiñas

25/09/2013 O Centro Sociocultural de Fontiñas acolle un curso de coidados integrais a persoas grandes dependentes organizado pola Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (Agadea). A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu á apertura do curso, que se desenvolverá ata o 28 de setembro.

O obxectivo deste curso é introducir os participantes no coñecemento da realidade da convivencia cos enfermos de Alzheimer e dos coidados que precisan, facilitándolles ás persoas interesadas as referencias básicas necesarias que lles permitan dar uns coidados de calidade, con menos esforzo, buscando o equilibrio na vida cotiá. O curso ten unha duración de 12 horas e celebrarase en horario de 19:00 a 21:30 horas (do 24 ao 27 de setembro) e de 10:00 a 12:00 horas (o 28 de setembro).

Compartir: