FESTAS

Maceo Parker traerá o mellor funk á Quintana

28/06/2006 A Praza da Quintana acollerá o 26 de xullo o único concerto en Galicia do saxofonista Maceo Parker. O prestixioso músico de Carolina do Norte vén acompañadao de toda a súa banda e promete un intenso e extenso concerto. En Santiago soarán os temas do seu último e décimo álbum en solitario, "School’s in!" e outros da súa ampla e refutada traxectoria.

Sobre o escenario estará un músico que pode presumir de ter pertencido a bandas míticas, como a de James Brown, pero tamén dunha traxectoria en solitario avalada por crítica e público. Os directo é a mellor maneira de descubrir a súa música, que el mesmo define coma 98% de funk e un 2% de jazz.

Maceo Parker empezou a súa carreira musical alternando os seus estudios e nesa época xa empezaba a xirar tocando para músicos como Marvin Gaye e Ben E. King. En 1964 o seu irmán Melvin e el entran a formar parte da banda de James Brown, empezando a realizarr longas xiras e a grabar discos. Tras un paréntese para os servizo militar, incorpórase de novo á banda de James Brown.

Durante os anos 70 entra e sale varias veces desta banda, organizando a súa propia, a Maceo & All The Kingsmen, coa que graba dous albums::"Doing Their Own Thing" e "Funky Music Machine". Nos 80 continua colaborando na banda de Brown e alterna tamén con outras formacións como Parliament, de George Clinton ou The Horny Horns, de Bootsy Collins e Fred Wesley.

De James Brown aprendeuno case todo no negocio do espectáculo, curtíndose tamén con el en esgotadoras xiras por todo o mundo. Ao mesmo tempo aproveitaba o seu tempo libre durante as viaxes para compoñer e planear su futuro. Así, nos anos 90 Maceo tivo a oportunidade de poderse dedicar durante máis tempo aos seus propios proxectos, grabando dous excelentes discos que tiveron un grande éxito: "Roots Revisited" en 1990, que estivo durante dez semanas no número un das listas de Bilboard, e "Mo´ Roots" en 1991. É en 1992, co seu disco en directo "Life On Planet Groove", cando consolida definitivamente a súa carreira en solitario.

O disco de 1998 titulado "Funkoverload ", cunha soberbia produción de estudo e con cancións orixinais propias e algunhas versións de temas de Stevie Wonder, Sly & The Family Stone e Marvin Gaye, obtivo os mellores eloxios da critica internacional especializada, así coma o favor dun público que se multiplicaba en cada unha das súas aparicións en directo. Neste CD aparecía por primeira vez o seu xovencísimo fillo Corey Parker cantando rap nun par de temas. Tamén colaboraba co trombón o seu vello amigo Fred Wesley.

A principios de 2000, Maceo Parker sorprende con outro gran traballo, "Dial: M.a.c.e.o", con maioría de cancións orixinales propias e algunhas versións moi especiais de temas de Paul McCartney, Prince e The Isley Brothers. A producción foi moi ben coidada e no disco, ademais do seu fillo, aparecen como artistas invitados Prince, Ani DiFranco, James Taylor e Sheryl Crow.

En 2003 aparece un novo álbum, titulado "Made by Maceo" grabado enteiramente pola súa banda de carretera. Conta nalgún tema coa saxofonista Candy Dulfer, colaboradora habitual de Maceo Parker noutros discos e actuacións en directo. Neste disco continúa colaborando Corey Parker, membro estable da banda nos últimos tempos.

Maceo Parker non parou de actuar nestes últimos anos e foi requerido para actuar nos festivais máis importantes, realizando unha media de 250 concertos ao ano por todo o mundo.

No verán de 2004 actuou coa banda de Prince en toda a súa xira americana e estivo tamén por toda Europa, incluíndo España o pasado outono. Este pasado verán de 2005, Maceo Parker, con motivo da aparición do seu novo álbum "School’s in!, regresou a Europa, realizando tamén en España varios concertos e actuando con moito éxito nalgúns dos festivais máis importantes.

Compartir: