CIDADE

Santiago estará na VII Asamblea Xeral da Conferencia das Cidades do Arco Atlántico

28/06/2006 A concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, asistirá ao encontro das cidades que conforman o Arco Atlántico, e que terá lugar no Casino de Figueira da Foz desde o xoves 29 de xuño ao sábado 1 de xullo.

No primeiro día do encontro reuniranse as comisións temáticas da conferencia do Arco Atlántico, mentres que o venres haberá varias sesións de coloquios que se agrupan baixo o lema "Da política á práctica, ao servizo dos cidadáns" e a presidencia de António Duarte Silva, alcalde de Figueira da Foz. Na última xornada, os representantes das cidades do Arco asistirán á presentación de proxectos emblemáticos da cidade de Figueira da Foz.

Compartir: