DEPORTES
Na xuntanza tamén se aprobou o Regulamento de Réxime Interno do Consello Municipal de Deportes.
O Consello Municipal de Deportes incorpora novos membros
28/06/2006 Na tarde do martes 27 celebrouse no Salón de Plenos do Concello unha xuntanza do Consello Municipal de Deportes. Entre outros puntos, aprobouse a incorporación de dous novos membros ao organismo en representación da Universidade de Santiago e da Dirección de Deportes da Xunta: Elías J. Torres Feijó, vicerreitor de Extensión Cultural, e Henrique Rodríguez Pantín, xefe provincial de Deportes da Consellería de Cultura e Deporte na Coruña, respectivamente.
A esta sesión do Consello asistiu coma invitado o xerente da Fundación Compostela Deporte, Santiago Araujo, que explicou polo míudo os obxectivos desta entidade e as diversas actividades e propostas que veu realizando durante o seu primeiro ano de vida.Na xuntanza tamén se aprobou o Regulamento de Réxime Interno do Consello Municipal de Deportes.